O Restaurante
O forte compromiso entre a experiencia gastronómica e a exaltación do local fan que Brasa de Beche combine un menú de tempada no que se buscan os mellores ingredientes cun ambiente acolledor.
O restaurante é un lugar onde as persoas pódense reunir e gozar da comida e da contorna da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, xa que na área recreativa de Beche as familias poden levar a cabo actividades de lecer alternativo ou un roteiro ao redor do encoro, polo que tamén discorre o Camiño Inglés.
A cociña
Na propia carta pode observarse a distancia á que se atopa o provedor principal de cada prato.
Dispón de carnes e pescados á brasa e unha variedade de guarnicións para o seu acompañamento. Tamén ofrece de una exquisita selección de viños espumosos, brancos e tintos e un gran número de sobremesas caseiras.
Contacto e máis información
Brasa de Beche
Lugar de Beche, 8, 15318, A Coruña