Beche Ecocamp

O Aloxamento

Composto por catro cabanas de dúas habitacións cada unha, Beche EcoCamp ofrece todas as comodidades respectando sempre o medio ambiente para desconectar da rutina.

Está permitido o acceso a mascotas, cumprindo as condicións fixadas polo establecemento.

Beche EcoCamp dispón de produtos procedentes da Reserva de Biosfera no seu restaurante Brasa de Beche, garantindo a procedencia km0 e unha excelente calidade. Ademais, ten a posibilidade de solicitar un kit grella para que os clientes poidan elaborar a súa propia grellada.

Dada a súa localización privilexiada, en pleno Camiño Inglés, desde o propio aloxamento poden facerse roteiros en bicicleta ou a cabalo e descubrir a Reserva de Biosfera.

Contacto e máis información

Beche Ecocamp

Lugar de Beche, 8, 15318, A Coruña

Tlfno.:697894220

Rutas relacionadas

Embalse de Abegondo-Cecebre

Puntos de interese próximos

Área de lecer de Beche
Un espazo reservado ao lecer no concello de Abegondo.
Cruceiros bonitos de Abegondo
Peza única en Galicia, este cruceiro atópase na Parroquia de Abegondo.
Ponte Beldoña
É un dos vestixios más destacables do pasado romano no municipio de Abegondo.
ENIL Rebeiras do Mero-Barcés
É un espazo natural con gran potencial ecolóxico e gran calidade ambiental.
ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre
Converteuse desde a súa creación no ano 1976 no espello dunha plácida estampa terreal.
Albergue de peregrinos de Presedo
O albergue de peregrinos de Presedo é un albergue público exclusivo para peregrinos do Camiño de Santiago.