O Restaurante
Gastroteca en pleno centro da cidade de Betanzos, que ademais posúe unha variada tenda con produtos locais de calidade. No seu local, existen dúas zonas: unha Barra Informal e un Comedor Privado climatizado. No ano 2018, recibiu o Primeiro Premio Popular da “Semana do Pincho de Betanzos”. Tamén realizan comida para levar por encarga, servizo de “catering” e “Artesas regalo” para particulares ou empresas, con calquera dos seus produtos.
A cociña
Lolo Mosteiro e Paula Martínez dirixen este Restaurante “Gastroteca”, no que se combina orixinalidade, coa cociña tradicional e de autor. A súa máxima é “innovación na tradición”.
Produtos galegos, carnes e peixes da comarca, cervexas artesás, viños, entre eles, viños da Indicación Xeográfica Protexida “Betanzos”, son algúns dos moitos produtos de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas que poderedes atopar na Moza Crecha.



