A torre de Celas ou de Vinseira, como ben indica o seu nome, é o que conservamos a día de hoxe dos restos dunha fortaleza defensiva. Situada nunha contorna privilexiada, co Val de Veiga e o monte Xalo de testemuñas, supón para o concello un ben que dá conta do seu pasado.
Posiblemente foi construída no século XIV, aínda que a data exacta a día de hoxe é un misterio.
A torre de Celas é o único monumento coa denominación de BIC (Ben de Interese Cultural) do Concello.