Ría do Burgo e praia de Santa Cristina

Orientada de sur a norte e formada pola desembocadura do río Mero.

Información

A Ria do Burgo, orientada de sur a norte e formada pola desembocadura do río Mero, toma o seu nome da parroquia do mesmo nome, en Culleredo. De escasa profundidade, os seus fondos son limosos e areentos, nalgúns recunchos cubertos por manchas de marisma ás que acoden moitas aves acuáticas a descansar en preamar.

E, a praia de Santa Crisitina, onde poderás descubrir, camiño desta praia, chorlitejos grandes, corvos mariños, garcetas ou charranes patinegros. Ollo durante a baixamar aos grupos de gaivotas para detectar algunha arxéntea. Desde a propia praia, mirando para fóra da ría, é doado descubrir en inverno pentumeiros, mobellas, carolos e ás veces mergullóns de pescozo negro, sempre e cando o mar non estea moi movido!

Cómo chegar

Ría do Burgo e praia de Santa Cristina