Petróglifo de Pena Furada

Un santuario rupestre galaico-romano.

Información

A Pena Furada está emprazada na parroquia de Santa Marina de Lesa, nun outeiro a 280 metros entre os ríos Mandeo e Mendo, e que conta cunhas extraordinarias vistas e cunha destacada incidencia da luz solar.

No santuario rupestre galaico-romano, delimitado con muros perimetrais, destaca como elemento principal a presenza da Moura, un antropomorfo que representa una figura feminina dotada de volume e na que destaca fundamentalmente a súa vulva, o que podería representar a fertilización no mundo simbólico da idade de Ferro e máis concretamente podería estar relacionada coa deusa Navia. Á carón da Moura atopamos unha pía cuadrangular para a realización de ofrendas. A figura está orientada ó oeste, polo que ó mediodía é cando mellor se pode apreciar, quedando case oculta ó atardecer.

Posteriormente, o santuario foi cristianizado a través da igrexa de Santa Marina de Lesa, moi preto do lugar, a uns 800 metros, e tamén orientada estratexicamente.

Cómo chegar

Petróglifo de Pena Furada