O Parque do Pasatempo situado no concello de Betanzos comezou a construírse entre 1893 e 1895, e foi deseñado e custeado por Juan García Naveira.
Dos 90 000 m² con que contaba orixinalmente o xardín, só se conserva unha décima parte. A listaxe de todo o que podemos ver na sección coñecida como as covas fala por si mesma da súa miscelánea reprodución en cemento, un material novo naqueles momentos. Ademais das grutas e pasadizos subterráneos, chama a atención o estanque da Xubilación, os murais policromados que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o funicular, mapas da canle de Panamá, a pirámide de Keops no testemuño dunha xira por Exipto, etc.