Estas dúas torres, irmás e centenarias, coñecidas como os Faros de Mera, son realmente dúas torres de enfilación que marcan a canle de entrada aos barcos que arrivan ao porto da Coruña.
O faro “pequeno” o máis próximo ao mar, situado nos cantís, ten 11 metros de altura e emite luz vermella. O faro grande, de 14 metros, está situado sobre un outeiro a 300 metros da torre pequena e emite luz branca. As embarcacións, ao chegar a Punta Herminia, han de divisar ambos os sinais na mesma vertical para evitar os perigosos baixos que esconden estes mares.
A antiga casa do farero é hoxe A aula do Mar, un centro de interpretación do funcionamento dos faros e a natureza que os rodea.
Desde esta atalaia natural poderás divisar o Golfo Ártabro, a Ría da Coruña, a Ría de Ares e Betanzos, e a Ría de Ferrol. Tamén obserbarás o “sky line” da Coruña onde destaca a silueta da Torre de Hércules e a súa costa rochosa. Se miras á túa dereita, verás un pequeno e bravo illote, A Marola, dela di o refraneiro popular: “Quén cruza A Marola cruza a mar toda”.
Non esquezas que che atopas na Costa de Dexo, un Monumento Natural catalogado de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000, unha boa oportunidade para gozar do carreiro e coñecer a fauna, flora e paisaxe propios dos climas costeiros atlánticos.
Mera e as súas praias, Santa Cruz de Mera co seu Castelo fortaleza, ou as bateas do porto de Lorbé, son outras das visitas obrigadas que tes moi preto de aquí.