O ENIL Ribeiras do Mero- Barcés é un espazo natural con gran potencial ecolóxico e gran calidade ambiental que actúa como un verdadeiro corredor verde favorecendo a conectividade ecolóxica do territorio abegondés. Contribúe cos seus valores naturais á conservación de diversos hábitats de interese comunitario como son os bosques riparios, prados de sega de baixa altitude e soutos de castiñeiros que coexisten xunto a bosquetes de carballos, ameneiros e bidueiros situados na beira dos ríos. Os hábitats asociados a estes cursos de auga favorecen, ademais, a conectividade ecolóxica ao actuar como verdadeiros corredores verdes que conectan ecoloxicamente o territorio.