O xacemento arqueolóxico de A Ciadella foi interpretado desde o seu descubrimento a principios do século XX como un asentamento romano de indeterminada funcionalidade ou como mansión viaria, foi A. del Castillo na década dos anos 30 o que acertadamente o interpreta como un campamento romano. E precisamente este investigador o primeiro que realiza unhas escavacións oficiais no ano 1934. En 1981 retómanse as escavacións que se continuarán en 1983, 1989-90-91-92-93. O xacemento é marcado pola Xunta de Galicia en 1990.
O recinto campamental é rectangular coas esquinas redondeadas. As súas dimensións son: 172m de longo por 140m de ancho, o que equivale a unha extensión total de 2,40 Ha, que son as medidas idóneas para o asentamento dunha unidade militar de 500 homes, é dicir, unha cohorte.
O sistema defensivo do campamento baseábase nunha muralla que cerraba todo o recinto e un foxo que discorría paralelo á mesma pola súa parte exterior.