O Balneario de Arteixo foi construído no ano 1760, sendo nas súas orixes xunto co de Carballo, o único oficialmente recoñecido na provincia da Coruña.
É coñecido polas súas augas salgadas iodobromuradas con propiedades mineiro-medicinais, que brotan a unha temperatura que oscila entre os 25 e os 47 graos, ideais para combater as enfermidades da pel, o reumatismo e as neuralxias, entre outras.
Conserva das súas orixes pezas de baño, duchas de cobre e bañeiras de mármore, que se mesturan coas últimas técnicas de hidromasaxe e relax.