A aula do Mar é un centro de recepción de visitantes do monumento natural creado na antiga casa do fareiro dos Faros de Mera e conta cunha exposición interpretativa permanente, miradoiros e terraza. Ademais, alí poderás recibir información sobre roteiros de sendeirismo que percorrer e sobre o calendario de roteiros guiados.