Mandeo.0

Experiencia

Enmarcada no municipio de Sobrado dos Monxes, a experiencia Mandeo.0 permitirate visitar A Carballeira centenaria da “Casa do Gado” e a Lagoa de Sobrado, un lugar idóneo para o avistamento de aves; ao patrimonio natural se lle suma o arqueolóxico co campamento romano de A Ciadella e artístico co Mosteiro de Sobrado, declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2015.

Ademais poderás realizar unha visita demostrativa a un Aloxamento da Biosfera, cun obradoiro de cultivo de shiitake, ou degustar un Menú da Biosfera, realizada con produtos locais e de tempada, da man dun Restaurante da Biosfera, visitar a súa casa museo e a granxa familiar (Casa do Queixo de Grixalba).

Tratase dunha experiencia a demanda e flexible. Esta experiencia pode ser de media xornada (mañá ou tarde), de día completo, ou de dous días, según a túa dispoñibilidade e tempo, podendo facer noite nun aloxamento certificado da Reserva de Biosfera (Abeiro da Loba ou Casa de Barreiro).

Consulta o apartado de información e reservas para realizar calquera consulta, adaptación da experiencia, prezos, datas e horarios dispoñibles.

Información

MÁS INFORMACIÓN Y RESERVAS:

POBO AVENTURA
Teléfono: 683 652 862
E-mail: poboaventuras@gmail.com

 

EXPERIENCIA COMPLETA COMERCIALIZADA POR VIAXES ALUMAR XG – 351

Contacto

Mandeo.0

Tlfno.: 683 652 862
E-mail: poboaventuras@gmail.com