A empresa
Ribeirán Proxectos Naturais é unha empresa galega dedicada á educación ambiental, o ecoturismo e a divulgación científica. Ribeirán nace da paixón pola natureza e do interese por achegar ás persoas ao seu entorno a través de experiencias educativas e participativas.
A súa actividade principal céntrase na organización de rutas interpretativas, sendeirismo e actividades de sensibilización ambiental, tanto en espazos naturais como urbanos. A empresa tamén está especializada no deseño e sinalización de sendeiros, a recollida de datos ambientais e científicos, así como na elaboración de guías, folletos e materiais divulgativos. A súa filosofía baséase na colaboración e a participación activa, ofrecendo experiencias que combinan aprendizaxe, natureza e conciencia ecolóxica.






