POBOAVENTURA

A empresa

Pobo Aventura é unha empresa galega de ocio educativo e turismo de natureza. A súa filosofía céntrase en vincular ás persoas co medio natural a través da interacción responsable e sostible, empregando espazos abertos e pechados en pequenas vilas da zona alta da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. 

Entre as súas liñas de traballo destacan:  programas de ecoturismo e turismo activo para grupos, que inclúen rutas de sendeirismo, interpretación do medio, obradoiros, vivencias en aloxamentos típicos da zona e experiencias de inmersión na natureza; visitas escolares e actividades extraescolares deseñadas para cursos de primaria e secundaria, con dinámicas adaptadas a distintas épocas do ano e niveis educativos; xestión de campamentos e ludotecas, así como actividades de ocio educativo dirixidas a familias, entidades ou concellos. 

A empresa aposta por unha experiencia centrada na sostenibilidade social, económica e medioambiental. Foméntase o coñecemento e o respecto polas paisaxes, a etnografía e o patrimonio cultural galegos, xunto coa dinamización dos pobos do interior de Galicia. 

Contacto e máis información

POBOAVENTURA

Lugar O Curro 6, 15310 Curtis (A Coruña)
Tlfno.:683 652 862

Rutas relacionadas

Captura-de-pantalla-2020-10-29-a-las-10.33.51
SM.02 Ruta paseo fluvial de Carregal
Rio_Carregal_Puertas_Afuera
Río do Carregal

Puntos de interese próximos

26.-BRANAS-DE-DEO
Brañas de Deo
Un espazo natural situado nas cabeceiras do Mandeo.
64.-ESTACION-DE-TREN-CURTIS
Estación de tren
Un feito histórico de gran relevancia para o termo municipal de Curtis foi o paso da liña férrea Palencia-A Coruña e a construción da estación de Curtis.
Centro Etnografico de Teixeiro (1)
Centro Etnográfico de Teixeiro
O centro, dedicado á formación e interpretación dos valores culturais e etnográficos do río Mandeo.