... actividades e diversidade

Da natureza obtemos a inspiración. Da inspiración xorden experiencias que contan quen somos neste espazo único. As empresas da Reserva da Biosfera ofrecen actividades, visitas e servizos que conectan ás persoas coa terra, coas súas tradicións e coa súa biodiversidade. Unha forma de coidar o medio ambiente, dinamizar a vida rural e transformar cada visita nunha experiencia memorable e enriquecedora.

As Mariñas Coruñesas foron recoñecidas internacionalmente pola UNESCO no ano 2013 como Reserva de Biosfera. Abarca un total de 116.724 hectáreas terrestres e mariñas, repartidas en 17 concellos e cunha poboación de máis de 190.000 persoas, todo un auténtico reto e oportunidade.

Ser declarados pola UNESCO como Reserva da Biosfera é un compromiso de presente e futuro, que nos fixo asumir os principios e obxectivos do Programa MaB (Persoa e Biosfera), utilizando o noso territorio para experimentar novas formas de desenvolvemento en liña coa sustentabilidade e a loita fronte ao cambio climático, compatibilizando as dinámicas urbano-rurais, así como o posicionamento como destino de Ecoturismo.

A Marca de Calidade da “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas” creouse co obxectivo de facilitar a introdución e diferenciación dos produtos locais, engadir valor e promocionar e difundir os recursos que potencien as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco do territorio amparado pola Reserva de Biosfera.

Este distintivo está a servir como vínculo entre EMPRESA-PRODUTO-TERRITORIO, ao tempo que establece unha imaxe común para o conxunto de empresas adheridas.

Desde comezos do ano 2019 somos a entidade xestora do Xeodestino “A Coruña e As Mariñas” en colaboración coa Xunta de Galicia, ferramenta de planificación turística do territorio.

Ademais, xestionamos o destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) das Mariñas Coruñesas, metodoloxía mediante a cal estamos a implantar a Marca de Calidade da Reserva de Biosfera no sector turístico (restaurantes, aloxamentos, axencias de viaxe, empresas de turismo activo…).

77_turismo_00007
77 TURISMO DE BETANZOS
Axencia de turismo local especializada en visitas guiadas e experiencias culturais na vila de Betanzos.
experiencias_18797_experienciaeii2_18797_03_65b8cf80de3c7
ALTAVELA
Ofrece experiencias náuticas personalizadas para gozar do mar galego combinando aventura, aprendizaxe e relax.
autocares_vazquez_00001
Autocares Vázquez
Compañía de transporte da súa confianza na provincia da Coruña, que une profesionalidade, comodidade e servizos á carta co éxito de eventos, rutas turísticas e traslados colectivos. 
experiencias_19186_experienciaeii2_19186_02_65f19a057786d
AVADA
Cooperativa galega dedicada ao lecer educativo, a cultura e a educación ambiental.
Cadenote_00002
CADENOTE
Empresa galega do sector náutico que ofrece formación, aluguer, reparación e equipación para embarcacións, combinando calidade e seguridade.
CEM_00011
CEM SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Promove un turismo responsable e educativo a través dunha metodoloxía participativa e sustentable.
ecotono_00010
ECOTONO EDUCACIÓN AMBIENTAL
Cooperativa especializada en proxectos de educación ambiental, participación cidadá e comunicación para a sustentabilidade.
ENSA_00007
ENSA ESCUELA DE NAVEGACIÓN
Forma novos navegantes a través de cursos, excursións e actividades náuticas que combinan aprendizaxe, seguridade e gozo do mar galego.
experiencias_19456_experienciaeii2_19456_01_660144b00d10f
GALICIA EVENTOS E OCIO
Ofrece actividades deportivas, culturais e educativas que combinan natureza, aprendizaxe e diversión.
madriguera_pichi_00001
LA MADRIGUERA DE PICHI
Un espazo de turismo familiar e educativo que promove o contacto coa natureza, os animais e a aprendizaxe a través da experiencia, fomentando o respecto e a conciencia ambiental.
marmar_00001
MARMAR OUTDOOR
Empresa que se dedica á organización de eventos deportivos, rutas de aventura e actividades ao aire libre.
onda_pedrido_00002
ONDA DO PEDRIDO
Ofrece actividades de turismo activo e deportes náuticos na ría do Mandeo, promovendo experiencias divertidas e sostibles en contacto directo coa natureza.
IMG_9286
DE EXPERIENCIAS
Dende Galicia, creamos proxectos de educación ambiental, ecoturismo e lecer educativo con rigor, proximidade e sensibilidade
poboaventura_00004
POBOAVENTURA
Promove o turismo de natureza e o ocio educativo en Galicia, conectando ás persoas co medio natural a través de experiencias sostibles.
experiencias_19986_experienciaeii2_19986_05_6641bd416d6cf
RIBEIRAN
Empresa galega dedicada á educación ambiental, o ecoturismo e a divulgación científica.
SENDEIRO OCIO Y DEPORTE
Ofrece campamentos, actividades multiaventura e rutas ecuestres que combinan diversión, aprendizaxe e contacto coa natureza.
taxi_adaptado_00002
Taxi Adaptado Betanzos
Único servizo da comarca que combina accesibilidade, compromiso ambiental e excelencia turística da man do seu condutor Manuel.
totem_gestion_00001
TOTEM GESTIÓN
Empresa centrada na organización integral de eventos, actividades socioculturais e tempo libre para diversos públicos.
viaxes-alumar_00003
VIAXES ALUMAR
Axencia de viaxes galega especializada en ofrecer servizos personalizados para viaxes de lecer, empresa e turismo activo.
zafirotours00001a
ZAFIRO TOURS
Ofrece servizos personalizados para particulares e empresas, combinando paquetes turísticos, reservas.