É unha gaivota de tamaño grande e de dorso moi escuro. As femias e os machos son idénticos en apariencia, aínda que con diferenzas no tamaño, sendo o macho algo maior. A plumaxe é branca no peito e gris no dorso. As patas e o pico son de color amarelo vivo, ao igual que o iris, que loce un anel ocular vermello. Os exemplares mozos presentan tonos marróns e branco sucio.
Diferéncianse de Larus Michahellis (gaivota patiamarela) pola cor do manto, que en Larus Michahellis é gris, mentres que en Larus fuscus é negra.