Eco-Ruta Sendeirismo Mandeo – Orballo

Eco-ruta

O río Mandeo é un recurso natural fundamental da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Unha das súas zonas con máis interese natural, é a zona alta do Concello de Paderne, case no seu límite con Irixoa. Neste marabilloso roteiro, onde predominan as carballeiras, e a vexetación ribeirega, cos seus bidueiros e freixos, en todo o seu traxecto unido ao río, poderanse observar algúns saltos do río, mentres se camiña por unha senda de pescadores.

Pasarase pola central hidroeléctrica das Pías, na desembocadura do Río Zarzo e polo lugar de O Bocelo, antigo balneario natural de augas sulfurosas. O roteiro finalizará cunha visita a Orballo (empresa adherida á Marca de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo), e cun percorrido guiado polas plantacións dunha empresa que está a tratar de renovar o traballo no campo galego, innovando e recuperando técnicas de agricultura tradicional para poder facer unha oferta de diversos produtos ecolóxicos.

Durante a visita, ademais de coñecer algo da historia e o patrimonio do lugar, farase un percorrido polas diferentes etapas polas que xa pasou Orballo – especies forestais autóctonas, plantas aromáticas, árnica e té comentando curiosidades de cada unha á vez que se degusta algunha das súas infusións.

Actividades

Eco-Ruta de Sendeirismo Mandeo – Orballo

A Eco-Ruta de Sendeirismo Mandeo – Orballo é perfecta para empaparse de natureza ao tempo que se coñece a historia e o patrimonio do entorno.... finalizando cunha magnífica degustación de té.


Información

Horario: A concertar coa empresa que realiza a ruta
Duración: 4 horas, 12,5km.
Punto de encuentro: Donin, Paderne (A Coruña)
La ruta incluye: Guías, Seguro de accidentes e responsabilidade civil, Pequeno agasallo, Visita a Orballo e Degustación de té.
Participantes: Por cada centro educativo poderán participar nesta Eco – ruta un máximo de 5 persoas, que formen parte do equipo directivo, profesorado ou outro persoal que teña unha relación directa co centro.
Material necesario: Calzado de trekking ou montaña, Roupa de deporte, Botella de auga e algo de merenda, Crema solar, Gorra recomendable e Gafas de sol recomendable.
Observaciones:

– Os centros educativos facilitaranlle a listaxe de participantes (máximo 5 persoas) á Reserva de Biosfera e as preferencias de posibles datas para a realización da actividade.

– Os centros educativos facilitarán toda aquela información dos participantes que se precise para a preparación da ruta e a realización dos seguros correspondentes.

– A Reserva de Biosfera encargarase da organización da actividade (non inclúe o transporte dos participantes ata o punto de inicio).

Contacto

Eco-Ruta Sendeirismo Mandeo – Orballo