Descenso/Ascenso Río Mandeo en kayak

Kayak

O río Mandeo, vertebra desde o seu nacemento ata a súa desembocadura gran parte do territorio da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Turísticamente tamén é salientable a conexión desta vía co Camiño de Santiago.

Este descenso/ascenso polo Río Mandeo, é unha das rutas máis completas de “kayak” que poden existir, xa que, ademais de transcorrer polo río, faino tamén polo estuario da Ría de Betanzos e por mar aberto.

Nesta ruta pódese desfrutar de praias, meandros, do propio río, paso polo Pazo de Mariñán e as súas marismas, onde se poden observar unha das poboacións de aves con máis biodiversidade da contorna.

Esta ruta poderá facerse descendendo ou ascendendo polo río, dependendo das mareas, e sempre se realizará a favor de corrente.

En total son uns 8,3 km durante os cales se terá unha visión diferente do Río Mandeo e da Ría de Betanzos.

Actividades

Descenso/Ascenso Río Mandeo en kayak

Degustación de produtos locais en Restaurantes da Biosfera

Roteiros guiados

Estancia nos Aloxamentos da Biosfera

Información

Duración: 2 horas, 8,3km.
Punto de encuentro: Embarcadoiro do Porto de Betanzos
La ruta incluye: Kayak dobre, Chaleco salvavidas, Pa, Seguro de accidente e responsabilidade civil, Descrición do percorrido estanca e Funda para móbil estanca.
Material necesario: Traxe de baño e toalla, Roupa para cambiarse, Roupa cómoda para a realización da actividade, Calzado que se poida mollar, Crema solar, Viseira recomendable e Gafas de sol recomendable.

Contacto

Descenso/Ascenso Río Mandeo en kayak