
Roteiros homologados
Camiñadas fáciles para calquera época do ano. Respirar natureza, sentir a liberdade, descubrir recunchos e paisaxes.
Os roteiros de sendeirismo dás Mariñas son percorridos recomendables para calquera idade e condición física, e de poucas horas de duración.
Aquí está permitido andar polas ramas. Iso si, con calzado adecuado e chubasquero lixeiro.
Máis información en wikiloc.com
A Reserva de Biosfera ofrece un amplo abanico de roteiros con incribles paraxes naturais para todos os públicos, gustos e intereses.
Os diferentes roteiros permiten coñecer a fondo o territorio, ao mesmo tempo que ofrecen unha oportunidade de aprender a gozar da natureza, observar as aves, descubrir a historia, a cultura e o patrimonio ou degustar a ampla gama de produtos tradicionais e locais tales como os mexillóns de Lorbé, o pan e as empanadas de Carral, os produtos hortícolas… que sós ou acompañados dunha boa cervexa artesanal ou un viño da Indicación Xeográfica Protexida “Viño dá Terra de Betanzos” que din que axuda a percorrer mellor as sendas “[…] con pan e viño, faise o camiño”.