Sobrevoar a Biosfera

Descobre as aves que sobrevoan as nosas terras. Unhas están de paso, outras pasan grandes tempadas e, algunhas, viven connosco todo o ano.

Obsérvaas en silencio, descúbreas, admíraas: goza.

Hai poucas persoas que non se marabillaron nunca co voo dun ave. Están en todas partes, resultan fáciles de admirar e son un espectáculo que nos achega á natureza con sinxeleza.

Ao longo do ano son moitas as especies que poden observarse desde a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Transmiten beleza e liberdade, coa súa variedade de formas, sons e comportamentos achegan vida ao contorno, anuncian o cambio das estacións e fascinan á humanidade desde sempre.

A maioría dos roteiros contan con boa accesibilidade, sendas, paseos marítimos e infraestruturas especificamente destinadas á educación ambiental.

Moitos dos percorridos poden realizarse en bicicleta de montaña ou mesmo convencional, xa sexa por paseos marítimos, senllas ciclistas ou camiños aptos para practicar o ciclismo. A concepción circular de varios roteiros facilita que o turista poida iniciala en calquera dos seus tramos e complementala da maneira que lle resulte máis cómoda para os seus intereses ou en función do tempo do que dispoña, e a gran conectividade entre elas permite tamén a posibilidade de enlazar varios roteiros.

image
Bilurico das Rochas
Scolopacidae
É un ave de pequeno tamaño con patas bastante cortas e pes amarelos oscuros.
image
Ferreiriño real
Paridae
Ten o peito amarelo en contraste co azulado da cola e as ás.
image
Virapedras
Scolopacidae
Ten o corpo compacto, coas súas patas, pescozo e pico cortos. As patas teñen unha coloración laranxa intensa.
image
Pilro común
Scolopacidae
É unha ave de tamaño medio co pico e patas de cor escura.
image
Picapeixe
Alcedinidae
Verde azulado brillante por riba, castaño alaranxado debaixo.
image
Papuxa das Amoras
Sylviidae
Curruca de tamaño medio, de aspecto robusto e dunha tonalidade grisácea en xeral.
image
Paporrubio
Turdidae
A plumaxe do peito e da cara son laranxas.
image
Merlo rieiro
Cinclidae
Os mirlos acuáticos son aves rechonchas de tamaño mediano, cola curta e ás máis ben pequenas.
image
Mergullón pequeno
Podicipedidae
Na época de cría presenta unha plumaxe nupcial no que destaca a gorxa e o pescozo de color vermella, cunha mancha amarela na parte membranosa da base do pico.
image
Zarapito real
Scolopacidae
A cabeza do mazarico real é de cor bastante uniforme.
image
Mascato
Sulidae
Ave marina esbelta e de gran tamaño.
image
Lavandeira real
Motacillidae
Ave de cor gris verdosa no dorso e amarela na parte inferior.
image
Lavanco
Anatidae
É un pato de tamaño medio aínda que máis pesado que o resto de patos da súa especie.
image
Lagarteiro
Falconidae
O lagarteiro é relativamente pequeno comparado con outras rapaces, pero máis grande que a maioría das aves.
image
Garzota
Ardeidae
Ten a plumaxe enteiramente branca.
image
Garza real
Ardeidae
A súa plumaxe é maiormente gris arriba e algo branca por debaixo.
image
Galiñola negra
Rallidae
Ave acuática robusta, de cor negra, que ten o pico e unha protección na fronte de cor branca.
gallineta1
Galiñola
Rallidae
É de aspecto similar a súa parente a focha común. Resulta doado de recoñecela polo seu escudete frontal, vermello vivo, e o pico colorado coa punta amarela.
image
Gaivotón
Laridae
Gaivota grande, co dorso escuro e patas rosadas.
image
Gaivota patiamarela
Laridae
É moi similar á gaivota argéntea en xeral, quizais un pouco máis escuro o manto e a pinta vermella do pico un pouco máis grande.
image
Gaivota escura
Laridae
É unha gaivota de tamaño grande e de dorso moi escuro.
image
Gaviota chorona
Laridae
Gaivota de tamaño máis ben pequeno, co pico vermello-negruzco e o dorso grisáceo coas partes inferiores brancas.
image
Ferreiriño Rabilongo
Aegithalidae
Ave pequena cunha cola sorprendentemente longa.
image
Corvo Mariño Grande
Phalacrocoracidae
Ave grande de aspecto torpe e coloración xeral negruzca, salvo a gorxa, que é de tons branquecinos.
image
Corvo Mariño Cristado
Phalacrocoracidae
Recorda ao cormorán grande, aínda que se distingue del por ser máis pequeno e esbelto e posuír a cabeza e o pico máis pequenos,…
image
Cisne mudo
Anatidae
Ave de longo pescozo e plumaxe completamente branca.
image
Choia
Corvidae
Córvido de tamaño medio con plumaxe negra brillante.
image
Cerceta
Anatidae
É o máis pequeno dos patos.
image
Carriza
Troglodytidae
Ave de pequeno tamaño, aspecto compacto e cola moi curta.
image
Carrán cristado
Sternidae
O pico é estreito e de cor negra coa punta amarela.
image
Bilurico patirrubio
Scolopacidae
Ave de tamaño medio coas patas de cor laranxa intenso, cun pico relativamente grande e de cor laranxa na base.
image
Andoriño real
Apodidae
A plumaxe é escura en toda a zona dorsal e branca nas partes inferiores, agás a faixa peitoral parda.