Descobre e verás…

Benvidos a nosas terras. Aquí atoparás monumentos declarados Ben de Interese Artístico Nacional, espazos naturais de interese comunitario que forman parte da Rede Natura 2000 e un Monumento Natural.

Nosa Reserva localízase no ámbito do litoral cántabro-atlántico de Galicia, no Noroeste da Península Ibérica. Este territorio, definido polas grandes cuncas dos ríos Mero e Mandeo, ademais doutras menores, inclúe áreas costeiras, vales litorais e serras interiores; estendéndose desde a costa ata o límite coa provincia de Lugo.

Na Reserva diferéncianse tres zonas ben definidas (núcleo, tampón e de transición), sendo as zonas núcleo las que albergan sus principales valores ecológicos, por lo que cuentan con un alto grado de protección ambiental, de forma que se garantiza la conservación de su paisaje, sus hábitats y sus especies. Albergan 49 hábitats de interese comunitario, 12 dos cales son considerados como prioritarios. Así mesmo, máis de 300 especies, amparadas baixo algún instrumento de protección internacional, europeo, estatal ou galego, teñen aí o seu refuxio.

Destacan especialmente na nosa Reserva, polo seu gran valor ecolóxico, os antigos bosques atlánticos costeiros, que aínda conserva, e que cada vez son máis pequenos e escasos e están máis fragmentados. Estes bosques son o último refuxio de varias especies de fauna e flora, relictos climáticos que sobreviviron durante as últimas glaciaciones nos bosques temperados do noso litoral. Hoxe en día, todas elas teñen unha distribución cada vez máis escasa e están altamente ameazadas.

Buscar por concello: