Categoría rutas: Ruta ornitolóxica

Villa de Betanzos

Betanzos, declarado conxunto histórico en 1970, é un dos destinos máis atractivos para o turismo cultural na Reserva da Biosfera, tanto pola singular beleza das súas fachadas e prazas, e a monumentalidade de moitos dos seus edificios relixiosos e civís, como pola súa rica oferta gastronómica. O seu núcleo urbano creceu na confluencia dos ríos …

Villa de Betanzos Ler máis »

Río Mandeo en Chelo

As beiras do río Mandeo ao seu paso polo lugar de Chelo, en Coirós, están percorridas por cómodos sendeiros, ideais para a observación de numerosas aves típicas dos ambientes fluviais e forestais desta bisbarra. Para detectalas deberás prestar toda a túa atención aos seus movementos entre as pólas de freixos, carballos, castaños, ameneiros, abeleiras, acivros …

Río Mandeo en Chelo Ler máis »

Contorna de Ambalasaugas

Estes paseos xunto ao río Mandeo parten da ponte de Ambalasaugas, na parroquia de Santa María de Ois e percorren o val deste río nos municipios de Coirós e Irixoa. Nas áreas máis próximas ao Mandeo, a senda discorre por entre a espesura do bosque de ribeira. Máis arriba, atravesa algunhas zonas de eucaliptal.

Arredores de Ponte Aranga

Desde Ponte Aranga, importante cruzamento de camiños tradicional nas beiras do río Mandeo, parten augas arriba e abaixo delas rutas de sendeirismo ideais para combinar o paseo e a observación de aves. Cómodas de camiñar, aínda que nalgúns tramos de dificultade media, discorren baixo a fronde dun bosque de ribeira ben conservado, integrado na Rede …

Arredores de Ponte Aranga Ler máis »

Fervenzas da Rexidoira

Situada na parroquia de Filgueira de Barranca, pertencente ao municipio de Oza-Cesuras, esta ruta, moi exixente pero breve, condúcete ata un dos hábitats típicos desta bisbarra: as fervenzas escondidas entre densos bosques autóctonos. Nese tramo o río Mendo descende desde os 475 metros sobre o nivel do mar ata os 380, nun tramo de apenas …

Fervenzas da Rexidoira Ler máis »

Lagoa de Sobrado

De orixe artificial e hoxe completamente naturalizada, foi construída polos monxes do mosteiro inmediato entre os anos 1500 e 1530. Rodéaa un bosque caducifolio de bidueiros, amieiros, freixos, carballos e outras especies. Na súa superficie, de preto de 10 hectáreas, abunda o nenúfar. A súa profundidade máxima é de 4,5 m.

Río do Carregal

Nas inmediacións do Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro (Curtis), o paseo fluvial polas beiras do río Carregal discorre baixo un frondoso bosque de ribeira fogar de numerosas especies de aves propias deste tipo de medio. Máis alá dos ameneiros, carballos e salgueiros esténdese, ademais, un exemplo perfecto da campiña tradicional desta bisbarra, integrada …

Río do Carregal Ler máis »