É de aspecto similar a súa parente a focha común. Resulta doado de recoñecela polo seu escudete frontal, vermello vivo, e o pico colorado coa punta amarela. Ten o dorso pardo escuro e a plumaxe negruzca en case todo o resto do corpo. As súas patas son verdosas e presentan un anel vermello na súa parte superior.