Recorda ao cormorán grande, aínda que se distingue del por ser máis pequeno e esbelto e posuír a cabeza e o pico máis pequenos, a fronte marcada e o pescozo máis estreito que a cabeza. A gorxa é totalmente negra e a comisura do pico, amarela. Voando é tamén máis áxil có cormorán grande. Fóra da auga ten o costume de colocarse sobre as rochas coas ás abertas para deixar secar a súa plumaxe.